Sunday 05 de May de 2024

O BNG de Ponteceso lamenta que o goberno muncipal só levara ao primeiro pleno ordinario asuntos de trámite demostrando que seguen sendo un goberno paralizado e que actúa sen diálogo.


Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, lamenta que o goberno do PP tentara impedir que se falara dos traballos chamados de “limpeza de ríos” no pleno, pensa que así o goberno municipal opta polas políticas de feitos consumados, toda vez que os traballos avanzan e non se lle entrega información ao respecto solicitada desde o 4 de decembro.

No pleno ordinario deste mércores 24 o BNG presentou tres mocións, dúas delas foron aprobadas por unanimidade dos partidos presentes (BNG, APIN, PSOE, AxP e PP) e a terceira delas non chegou debatirse pois non foi considerada urxente pola maioría do pleno ao non apoiar este extremo nin PP nin AxP.

A primeira das mocións aprobadas por uninimidade solicitaba ao goberno municipal tomar as medidas precisas para resolver os problemas de contaminación acústica e seguridade vial que suceden na localidade nas noites da fin de semana, e buscar solucións para que o ocio nocturno sexa compatíbel co descanso dos veciños e veciñas da zona urbana de Ponteceso e da Trabe. As medidas solicitadas son: a elaboración dunha ordenanza municipal contra o ruído, pedir medidas para evitar as carreiras nocturnas e establecer os medios precisos para controlar o cumprimento das horas de peche dos locales noctuctos conforme á súa licenza.

A segunda das mocións aprobadas por unanimidade solicitaba como medida principal ao goberno municipal elaborar un Plan de Actuación Municipal ante as inundacións. Esta petición basease nunha medida que o BNG tiña no seu programa e que xa quería ter presentado o pasado mes de novembro. Ao anunciarse co temporal do 4 de novembro a existencia dun Plan de Emerxencias MUnicipal, o BNG agardou para coñecer o contido deste Plan respecto ás inundacións, solicitando o acceso a esta información e tendo que agardar 2 meses para poder consultarlo e saber que non existe un Plan de Actuación Municipal específico ante este risco.

A terceira moción, que non poido debatirse no pleno por non considerarse urxente pola maioría, tentaba esclarecer sobre a existencia dos permisos pertinentes para os traballos chamados de “limpeza de ríos” que se están levando en varias zonas do concello. Tamén en base a solicitude de información realizada o pasado 04 de decembro e a que aínda non se poido acceder. Esta moción foi reconducida pola concelleira Fátima Rodríguez

Gonzálvez aos rogos e preguntas abordando as seguintes cuestións:
– Instar ao goberno municipal a dar maior publicidade ás seguintes puxas de madeira procedente destes traballos, toda vez que a primeira puxa anunciouse únicamente na web do Concello o día 22 de xaneiro cun periodo de 10 días hábiles para facer ofertas.
– Instar ao goberno municipal ao esixir a reposición das pistas usadas por estes traballos que están impracticabeis para o uso veciñal e peonil.

– Cando se nos vai dar acceso á información solicitada o 4 de decembro?

Sobre as mocións aprobadas, desde o BNG temos dúbida de se seguirá sendo outra vez un voto favorabel do PP para despois non cumprir os acordos plenarios como veñen facendo.

Sobre a moción que non se poido tratar, entendemos que o PP opta pola política de feitos consumados e pretende obstaculizar o labor de control da oposición, mentres tanto os traballos continúan e nós agardamos para coñecer a documentación solicitada (se existe)

PLENO EXTRAORDINARIO
Antes deste pleno ordinario houbo outro de carácter extraodinario solicitado polo PSOE, AxP e BNG para tratar a contración na planta de transferencia de lixo de SOGAMA a un familiar dunha concelleir do goberno. No pleno poídose escoitar o parecer de cada partido da corporación, agás do Partido Galego pois ningún dos seus representantes participaron nas sesións do día 24. O que quedou de manifesto é que o Partido Popular considerar que actuando dentro da legalidade non hai problemas, sen entrar a valorar a ética nin a moralidade, a transparencia nin a pública publicidade da información nas súas mans como goberno. E isto o demostra que non deron publicidade ao proceso de contratación municipal a través do PEL da Deputación ata que o fixeramos público desde o BNG e a curiosa apertura (con escasa publicidade) do procedemento de puxa da madeira produto dos traballos chamados de “limpeza de ríos”